• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seis proxectos da USC reciben 11.000 euros en premios para afianzarse como empresas

Os gañadores foron  HGBeyond, que fabrica lentes de contacto medicalizadas;  Biorecovery, centrado na industria agroalimentaria e a posta en valor de fertilizantes agrícolas a partir dos residuos de sangue dos matadoiros;  Pharmatox- Lab, que ofrece un importante avance nas análises das ciencias forenses e as toxicoloxías; E- Wear  Technologies, que pretende comercializar un reloxo intelixente que avisa sobre a medicación de persoas de avanzada idade ou con enfermidades  neurológicas;  Ayeconomics, especializada na posta en marcha de políticas novas para cuestións  socieconómicas, e  Coeduc

Concesión dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017

O premio ao mellor traballo de investigación aplicada recae nunha nova tecnoloxía da USC que permite valorizar o sangue dos matadoiros como fariña con aplicacións en alimentación animal, fertilizantes e cosméticos, entre outros usos. Esta investigación realizouse no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, no Campus Terra de Lugo, en colaboración co enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.