• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes 5 de decembro coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax

O Almorzos do bo facer viñéronse celebrando neste último trimestre do ano 2017. Esta iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese, que recolle as actividades da Oficina de Promoción Económica municipal, coa intención de impulsar un novo modelo económico para Santiago. Para iso búscanse as principais fortalezas sociais e económicas da cidade.

CEPES e Laboral Kutxa apostan polo impulso da competitividade das empresas de Economía Social

Por un lado, Laboral Kutxa destinará 50 millóns de euros a favorecer o desenvolvemento da economía social española, a través da nova línea EaSI Social, que facilitará a concesión de préstamos e contas de crédito a proxectos promovidos por empresas que teñan un impacto social positivo.

Por outro lado, CEPES e Laboral Kutxa puxeron en funcionamento un estudo sobre a competitividade da economía social en España, a través da ferramenta de autodiagnose COMPYTE.

"O Forno dos Soños" presenta o seu proxecto colectivo no II Foro de Economía Social

A súa proposta é  encher este mes de decembro de 2017 a  nosa cidade de fornos físicos onde a xente poderá depositar os seus soños. Con todos estes soños farase un sorteo presencial e ademáis tamén organizaran un sorteo a maiores a través do facebook. Cóntanos o teu soño e faite forneira! 

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

No foro as persoas asistentes poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular

Na mesa técnica explicouse a implantación en Santiago de experiencias como a Tropa Verde, o Prestogal, a EDUSI ou o Santiauga, exemplos de modelos de economía circular na nosa cidade. O proxecto Tropa Verde, premiado ademais co Premio R de Ecoembes ou o Premio Boa Práctica en Desenvolvemento Urbano Sustentable no ano 2016, busca fomentar a reciclaxe e a reutilización e premia a conciencia ecolóxica da sociedade. Pola súa banda, o Prestogal aposta polo consumo colaborativo, o intercambio e a cesión de recursos entre veciños e veciñas.