• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

BONOS TALENTO EMPRESA

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión dos Bonos Talento empresa, destinados á formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.

 

SUBVENCIONS EMPRENDEMENTO PLUS

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións Emprendemento Plus para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR880B), a través dos seguintes programa

AXUDAS PARA A INICIATIVA FABRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria da iniciativa Fábrica intelixente e sustentable. Esta iniciativa, incluída no Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, marco instrumental da RIS3 2021-2027, ten por obxectivo promover a realización de proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador.

PROGRAMA EMEGA

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

 

SUBVENCIONS AO SECTOR TURISTICO PARA A PROMOCION DA DIXITALIZACION

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.

Datos de interese:

SUBVENCIONS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2023.

INCENTIVOS Á CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL

A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas incluídas como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, que non estivesen traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación, que teñan feito os dezaseis anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a c

SUBVENCIONS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONTRATACION, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XENERO

A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

SUBVENCIONS PARA A EDICION DE AUDIOLIBROS E LIBROS EN LECTURA FACIL

As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións en formato audiolibro e libros adaptados en lectura fácil en galego, editados, comercializados e distribuídos entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.

 

Esta orde regula as seguintes modalidades de produción, distribución e comercialización:

AXUDAS AO LIBRO GALEGO

A finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.