• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bota a andar o proxecto "Entre Sar e Sarela" con máis de 3,2 millóns de orzamento para varias intervencións medioambientais na cidade

O executivo municipal confirmou esta mañá a aceptación da axuda da Fundación Biodiversidad para o proxecto "Entre Sar y Sarela" por un importe de 3.228.069,12 euros. A rexedora recordou que se trata dun "proxecto importantísimo que ten por obxectivo xerar un modelo urbano sustentatable aumentando a infraestructura verde, potenciando a conectividade ambiental do conxunto e recuperando áreas degradadas".

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago

O vindeiro venres  24 de Novembro en horario de 12:00 a 13:00 hrs., a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma GRATUÍTA, e formato ONLINE, a seguinte xornada de caso de éxito:

MIP: "unha solución tecnolóxica a medida para optimizar o teu negocio.": Ferramenta de planificación e xestión automatizada das quendas de traballo.

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a construción da senda peonil da rúa das Estrelas

A alcaldesa anunciou esta mañá que a aprobación do expediente de contratación das "Obras de execución do proxecto de Senda peonil da Rúa das Estrelas" para o que se abrirá un procedemento aberto de adxudicación e tramitación ordinaria, cun orzamento base de licitación de 126.172,99 € (base impoñible de 104.275,20 euros, máis IVE do 21% polo importe de 21.897,79 euros).

O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación

A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu o Foro Talentia lembrando "o enorme potencial que tén Santiago no ámbito da innovación tecnolóxica, grazas a unha USC que ofrece ata 11 titulacións do ámbito das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, incluído un novo grao en Intelixencia Artificial; e que debe establecer sinerxias cun tecido produtivo vinculado ao sector tecnolóxico que dá emprego en Compostela a preto de 2.000 persoas".

Milleiros de prazas de formación e case 300 ofertas de emprego: abren as inscricións para o Talentia 2023

Feira virtual

Nesta edición, o Talentia Summit mantén a feira virtual de emprego do 13 ao 17 de novembro, coa participación de preto de 80 empresas que ofrecerán uns 300 postos de traballo vacantes, pero tamén formación ou certificacións profesionais. As persoas interesadas poderán visitar os seus stands virtuais, programar entrevistas e interactuar cos seus departamentos de selección de persoal.

Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao programa "Faino Ti"

O Centro Xove da Almáciga acolleu o día 28 de outubro o acto de clausura da Academia Maker, unha das actividades enmarcadas no proxecto "Faino Ti", que a concellería de Promoción Económica puxo en marcha dentro da EDUSI, en colaboración co departamento de Centros Socioculturais. No acto, María Rozas salientou o éxito desta iniciativa "tanto polo número de persoas participantes, como pola calidade dos contidos impartidos".

A Xunta de Goberno local dá luz verde á licitación do proxecto de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade

A alcaldesa detallou que "o contrato das obras de rehabilitación de firmes contará cun orzamento base de 358.535,10 euros (296.310,00 € sen IVE) e un prazo de execución de 4 meses" para levar a cabo melloras nos firmes das seguintes vías da cidade: na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. Por algunhas destas rúas discorren tramos do Camiño de Santiago ou se atopan baixo especial protección.