PRODUCTORES, INDUSTRIA, DISTRIBUCIÓN, CANLE HORECA E CONSUMIDORES ANALIZARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA AS CIFRAS DO DESPERDICIO ALIMENTARIO
Se tes unha idea de negocio e queres saber como transformala en realidade, invitamoste a participar nos obradoiros deste "Camiño Emprendedor"
O próximo martes 11 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL e GRATUÍTA:
"Optimiza a túa presenza nas redes sociais"
O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o próximo xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación "Márketing Dixital e Cooperativismo". O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.
PROCEDEMENTO INSCRICIÓN E MATRÍCULA ESTUDOS PROPIOS NA SECRETARIA VIRTUAL DO ALUMNADO
1º INSCRICIÓN
Para realizar una solicitude de inscrición nun dos cursos de Estudos Propios na USC, debe acceder á Secretaria Virtual do Alumnado no enlace: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp
De non ser alumno/a da USC, debe introducir os datos do seu DNI e un contrasinal que lle permitirá acceder, e gravar os seus datos persoais necesarios para continuar co proceso.
O edificio Cersia de San Lázaro acollerá HOXE a partir das 16:30 horas, un encontro con ONGDs que están a desenvolver diferentes proxectos apoiados polo Concello de Santiago, a través da súa liña de subvencións á cooperación ao desenvolvemento. A actividade, que leva por lema "Compostela co Sur Global", forma parte do programa Compostela Máis Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais.
A alcaldesa Goretti Sanmartín mantivo un encontro co presidente de Mercasa, José Miñones, e co delegado do Goberno español en Galicia, Pedro Blanco, onde se comprometeron a desenvolver un plan de viabilidade e un plan estratéxico de investimentos de Mercagalicia que permitan converter Santiago de Compostela nun centro loxístico de referencia na distribución de mercadorías no Eixo Atlántico e no noroeste peninsular. No encontro tamén participaron o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, ademais de persoal técnico.
A partir do 25 de maio, as entidades interesadas terán 15 días naturais para presentar a súa solicitude á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2024.
Bootcamp de Emprendemento
Aproveita esta formación gratuíta para converter a túa idea nun modelo de negocio viable e rentable!
Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria "as voces do bosque", guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de "baños de bosque" e a unha ruta que inclúe unha visita e exhibición do funcionamento do muíño de Mourullo, en Sar. Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades deberán inscribirse de maneira previa.