• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago de Compostela é a única cidade galega incluída no ránking das quince urbes con menor taxa de desemprego de España, segundo reflicte a nota de prensa que onte fixo pública o INE (Instituto Nacional de Estatística), tomando como referencia o proxecto "Indicadores Urbanos". Este estudo ofrece información de 39 parámetros, entre eles os indicadores municipais de paro e actividade correspondentes a 2022.

Etiquetas:
novas , Concello de Santiago , Cersia , emprego , desemprego , INE

Vuelve la Maker Faire Galicia al Museo Gaiás para su novena edición, un encuentro que favorece la innovación tanto a nivel social, como educativo o profesional. 

Etiquetas:
novas , MAKER FAIRE GALICIA , industria , APD

HOXE, día 16 de maio, de 15:30-18:30h, na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, habrá unha xornada gratuita presencial sobre "O modelo de negocio no emprendemento dixital"

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking. emprendemento , xornada , presencial , gratuita , obradoiro práctico

Xoves, 4 de maio, abreuse o prazo de inscrición no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo no marco do programa Vive o verán 2023. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.

Etiquetas:
novas , conciliación , Cativadas de Verán , Centros Socioculturais , programa de conciliación

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2023", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, ambos incluídos. O prazo de inscrición establécese entre o 15 e o 22 de maio.

Etiquetas:
novas , programa de conciliación , verán , municipal

O Pleno da Corporación aprobou esta mañá en sesión extraordinaria o destino de máis 7 millóns de euros de remanentes, que se dedicarán ao pago de gastos correntes como a luz ou o transporte urbano, así como á realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural

Etiquetas:
novas , Economía Social , remanente , tesourería , Ramón Baltar , subvencións , nominativas

AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a a edición dixital do Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, que recolle unha serie de reportaxes sobre as produtoras galegas independentes para entender o estado actual do noso audiovisual. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente e a xerente da entidade, Felipe Lage e Uxía Caride.

Etiquetas:
novas , AGAPI , produción audiovisual , Estudo cualitativo , Concello de Santiago

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.

Etiquetas:
novas , economía circular , Encontro Emprendedores , Axenda Urbana de Santiago de Compostela , sostibilidade , recursos

O vindeiro 15 de maio o Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Luz cun paseo nocturno para que a cidadanía poida reflexionar sobre o impacto da iluminación na paisaxe nocturna da vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.

Etiquetas:
novas , programa Slowlight , APDI , Ferrovial , Televés , paseos nocturnos

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.

Etiquetas:
novas , Licitación , alumeado , exterior , eficiencia enerxética , "Concello de Santiago de Compostela "