• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", que achega o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres, foi inaugurada onte pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira.

Etiquetas:
novas , cooperativismo , emprendemento , femenino , Concelleira , Maria Rozas , Ana Olveira , Espazocoop , economia_social

O edificio Cersia de San Lázaro acolleu na tarde do 22 de setembro a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade, a primeira deste órgano desde 2018. Na xuntanza, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade deu conta do estado no que se atopan tanto a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible como a licitación do servizo de transporte público. Xan Duro fixo un chamamento ao conxunto da Corporación municipal e a todas as entidades representadas no Pacto "para colaborar e avanzar cara unha mobilidade máis sostible e eficiente, porque ese é un dos principais retos que tén por diante Santiago".

Etiquetas:
novas , PMUS , Licitación , transporte público , Alcaldesa , Xan Duro , mobilidade

 A xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social" celebrarase o vindeiro o martes 26 de setembro ás 10 horas no edificio Cersia Empresa, e nela mulleres emprendedoras no sector da economía social compartirán as súas experiencias no cooperativismo.

Etiquetas:
novas , Espazocoop , Concello Santiago , xornada , emprendemento , feminino , Cersia

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago:

O plan de empresa na StartUp.

Día 21 de setembro

Hora: 12-14 (on line)

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , plan de empresa , StartUps , coworking

 A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude pon en marcha Vitamina B de Barrio unha iniciativa da acción "Aposta por ti, aposta polo teu Barrio" da EDUSI REVIVE de Santiago de Compostela, coa que o Concello de Santiago pretende traballar as competencias emprendedoras nos ámbitos identificados como prioritarios para o desenvolvemento económico do concello.

Etiquetas:
novas , Vitamina B , Aposta por ti , aposta polo teu Barrio , EDUSI , EDUSI , Revive , Santiago de Compostela , FEDER

O vindeiro martes, 19 de setembro , en horario de 16:00 a 18:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza en FORMATO ONLINE  a xornada GRATUÍTA:
 

"Conceptos básicos de ciberseguridade
para empresas"

 

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , ciber seguridade

A oitava cita desde ciclo abordará o tema do turismo sostible e responsable cos territorios e as persoas, nunha sesión que terá lugar vindeiro 19 de setembro ás 10h no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas innovadoras en liña cos eixos da Axenda Urbana 2030, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos. A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.

Etiquetas:
novas , REAS galicia , turismo , sostible , Economía solidaria , Galicia , AXENDA URBANA 2030

A Plataforma por Empresas Responsables (PER) celebrará os próximos días 13 e 14 en Santiago as xornadas "Por unha Economía Global Xusta e Sostible", coincidindo co primeiro Encontro de Ministros e Ministras de Economía e de Finanzas da UE, Latinoamérica e Caribe, que se celebrará na nosa cidade os próximos días 15 e 16, enmarcado na axenda da Presidencia española do Consello da Unión Europea. A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, presentou hoxe o foro, acompañada por Amaya Acero, coordinadora da PER; e José Luis Barreiro, membro da xunta directiva da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e coordinador de Entreculturas en Galicia e Asturias.

Etiquetas:
novas , Plataforma por Empresas Responsables , Maria Rozas , Concelleira , economía global , xusta , sostible

Retomamos a formación para emprendedores e empresas
Talleres en setembro:

  • 15 setembro: CRM  a ferramenta clave para impulsar as túas vendas
  • 19 set.: Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas
  • 21 set.: O plan de empresa na startup
  • 27 set.: Procura de financiamento e estados financeiros
  • 28 set.: Aprende a crear as túas campañas en Google Ads


Enviamos a información e enlace de inscripción da primeira formación:

CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas

"Customer Relationship Management" eficaz
para personalizar e optimizar a comunicación cos teus clientes

 

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking. emprendemento , on line , gratuita

Durante os meses de setembro e outubro estos proxectos formarán de balde a cidadanía compostelá interesada en innovación, fabricación dixital e dixitalización.

Etiquetas:
novas , laboratorio , dixital , Academia Maker , Rede Tic 2 , innovación , Centros Socioculturais , fabricación